2007-06-16

xa que nos diron premio...

foi un gran pracer traballar con dbqpdb (eu creo que se nota e que por iso nos premiaron), e xa estamos pensando nos próximos retos aos que nos imos enfrentar xuntos. por agora, déixovos con unha representación non moi representativa, porque é un pouco complicado presentar un extracto e que se comprenda a idea do retalo en xeral, de "fiestras", a obra que nos premiaron no concurso "galicia en euskadi". a ver que vos parece!

Ao abrir a fiestra e ver, con ollos madrugadores, a construción que xurdiu da noite nas arcadas da casa das Pomas, Xosefa a solteira non pode evitar que dúas ideas formen unha encrucillada na súa imaxinación: as escenografías que creou durante tantos anos e o contraste coa despreocupación por calquera coherencia material ou formal.
Despois de dubidar por algúns segundos, decide que lle fai graza. A fiestra de pvc encravada na parede de ladrillos que tapa o arco, o horrible e característico tellado de uralita que sobresae baixo a perfecta mampostaría da antiga casa crea un efecto impoñente. Ve ao mozo veciño, o basco que se mudou hai pouco, mirar a aparición con curiosidade divertida.


Unir as súas dúas metades nun só refuxio. Levar o que tanto marca a súa aldea, as construcións desmembradas, a Santiago, que tanto a marcou a ela. Pedir silenciosamente que Santiago a siga ata onde a incerteza a leve.

Dende a fiestra da cociña, a súa fiestra da Rúa Nova, cunha cunca de te quente entre as mans que traballaron clandestinamente toda a noite, observa a Xosefa a solteira, esa muller singular, sorrir á súa gorida dende a fiestra do piso de abaixo. Observa a Urtzi volver e mirar a construción co seu humor particular.
Quitarana pronto, está segura. Pero non lle importa. A súa aportación a Santiago xa está feita. Laura deixa caer ao chan o unicornio de cristal.

6 comentarios:

A rapaza do arco dijo...

Parabéns!!! que boa nova, alégrome un montón, e a verdade é que o relato ten pintas de estar moi moi ben. Un bico xigante dende este lado :)

pipi das meias altas dijo...

parabéns polo prémio!
espero que sigas somando mais!

Mario dijo...

Chego algo tarde pero moitos parabéns. E máis que veñan!!!

A Raíña Vermella dijo...

Que ilusión!! Alédome moitísimo!!

Arale Norimaki dijo...

Hmmm...fiestras, compostela, fitares varios, o certo é que pinta ben interesante. A ver cando podemos acceder á versión completa!

pipi das meias altas dijo...

Voy hacer un cursillo de Verano en Londres y estoy buscando sítio para quedar pero no se por donde empezar, por se acaso sabrás que queda más cerca del Central Saint Martins College of Art and Design o se hai pisos o quartos para estudiantes que se alquilen por aí cercano?Te agradecería de por vida se me ubicas en este lío, gracias.